InicioPolíticaConcello e BNG coinciden en que a Xunta "abandona" a Vigo nos...

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o “abandono” da cidade por parte da Xunta nos orzamentos autonómicos de 2027. Así, nun audio enviado aos medios de comunicación, o portavoz do goberno municipal, Carlos López Font, asegurou que nas contas do Executivo galego para o ano que vén se recolle un investimento en Vigo duns 122 millóns. 

“Onde están os 600 restantes dos que fala a Xunta?”, preguntouse, en referencia aos 736 millóns anunciados pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e criticou Font que a cidade olívica supón arredor do 12% da poboación de Galicia e recibe un 0,8% do orzamento. 

Por todo iso, esixiu a dimisión de Ortiz e da presidenta do PP local, Luisa Sánchez, por “mentir con tanto descaro” aos vigueses. Na mesma liña manifestouse o BNG local, que denunciou que dentro dos 736 millóns anunciados se computan “de forma tramposa” os custos dos servizos e das axudas sociais. 

“Por detrás das grandes cifras para alimentar a propaganda, o que hai é a mesma política coa que a Xunta leva castigando Vigo desde 2009”, indicou o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas.  Engadiu que as contas de 2027 son a “demostración de que o PP pretende insistir un ano máis no absoluto abandono” da maior cidade da Comunidade. 

ORZAMENTOS SANIDADE

Pola súa banda, a Consellería de Sanidade informou este luns de que a Área Sanitaria de Vigo disporá en 2027 de máis de 1.100 millóns de euros, un 5,59% máis ca este ano. Esta cantidade inclúe gastos de persoal, de funcionamento, de prestación farmacéutica e de investimentos.  Neste último punto, explica que se destinarán máis de 8 millóns de euros a diversas actuacións tanto no complexo hospitalario de Vigo como na construción de dous novos centros de saúde en Mos e Ponteareas. 
 

ÚLTIMAS

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...

Caballero alerta de que a Vigo lle quedan 38 días de auga “con garantía de calidade”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu advertir da situación de seca e asegurou...