InicioSucesosNovo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de"maricón" a un home...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen e lanzasen insultos homófobos a outro home na zona da praia de Samil, en Vigo.

Segundo testemuñas presenciais dos feitos consultadas por Europa Press, todo ocorreu de noite nunha zona de monte próxima ao areal onde habitualmente se levan a cabo encontros entre homes homosexuais (cruising). Alí, un grupo de mozos encapuchados tería perseguido outro varón, aos berros de “maricón”.

Fontes policiais confirmaron a Europa Press que axentes da Policía se desprazaron ao lugar e identificaron varios dos supostos autores. Na actualidade, investígase o sucedido, xa que toda a información foi posta á disposición do xulgado competente.

ÚLTIMAS

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Caballero alerta de que a Vigo lle quedan 38 días de auga “con garantía de calidade”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu advertir da situación de seca e asegurou...

Cinco acusados da rede de explotación sexual en Vigo aceptan penas de ata un ano e nove meses de prisión

Cinco dos seis acusados pola rede de explotación sexual en chalés e nun local...