InicioEconomíaFolga dos traballadores de Glovo en Vigo os dous próximos fin de...

Folga dos traballadores de Glovo en Vigo os dous próximos fin de semana para esixir melloras laborais e salariais

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores de Glovo en Vigo e no resto da provincia de Pontevedra convocaron unha folga nos dous vindeiros fins de semana, os días 24 e 25 de outubro e 31 de outubro e 1 de novembro, para reclamar melloras laborais e salariais.

Segundo o presidente do comité de empresa de Glovo na provincia, Fernando González, esta decisión débese á “grave deriva laboral” da empresa, pola “non aplicación do convenio que corresponde á actividade”, que é o de transporte de mercadorías por estrada, segundo reivindica en declaracións a Europa Press.

Tamén lamentou a modificación “unilateral” de quendas e cambios nas condicións de traballo “sen seguir as vías legais” ou o “réxime sancionador” da compañía, que emprega sistemas automatizados para sancionar empregados.  González engade entre os motivos da protesta os “frecuentes erros” nos pagamentos da nómina e os atrasos no seu aboamento, ademais da “falta de transparencia”.

Por iso, convocaron unha parada total en toda a provincia os días 24, 25 e 31 de outubro e o 1 de novembro. Iso si, explicou que só en Vigo Glovo opera con traballadores contratados directamente, mentres que noutras cidades se trata de frotas externas.

ÚLTIMAS

Cinco acusados da rede de explotación sexual en Vigo aceptan penas de ata un ano e nove meses de prisión

Cinco dos seis acusados pola rede de explotación sexual en chalés e nun local...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Tres feridos tras estoupar unha botella de cristal nunha empresa no Porriño

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste luns despois de estoupar unha botella de...

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...