InicioEconomíaStellantis Vigo habilita 29 mesas para as eleccións sindicais: estes son os...

Stellantis Vigo habilita 29 mesas para as eleccións sindicais: estes son os horarios por quendas

A votación desenvolverase entre o venres 16 e o sábado 17 de outubro. O persoal poderá identificarse co DNI, co carné de empresa ou co permiso de conducir.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa de Stellantis habilitará ata 29 mesas electorais para facilitar a participación do seu persoal nas eleccións sindicais deste venres 16 e sábado 17 de outubro. Segundo informou a Mesa Electoral Central da empresa, os horarios de votación adaptaranse ás distintas quendas de traballo.

O persoal das quendas de mañá, tarde e central poderá votar o venres 16 entre as 10.00 e as 19.00 horas. Para as persoas da quenda de noite, a votación abrirase ás 22.00 horas do venres e prolongarase ata as 02.30 horas do sábado 17. Pola súa banda, o persoal da quenda de fin de semana votará o sábado entre as 08.00 e as 12.00 horas. Nas mesas estarán dispoñibles papeletas e sobres de todas as candidaturas. Serán de cor sepia para o Colexio de Técnicos e Administrativos e de cor branca para o Colexio de Especialistas e Non Cualificados.

A Mesa Electoral Central lembra que non se poderá riscar ningún nome da papeleta para que o voto sexa válido. As persoas votantes poderán acreditar a súa identidade mediante o DNI, o carné de empresa ou o permiso de conducir. O persoal en situación de baixa poderá votar nas mesas correspondentes aos seus talleres ou servizos, a calquera hora dentro do horario establecido para a quenda á que pertenza.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

Acepta dous anos de prisión por encerrar cunha cadea e maltratar ao fillo adolescente da súa parella en Vigo

Unha muller aceptou dous anos de cárcere por encerrar no seu cuarto cunha cadea...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...