InicioEconomíaA Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

Mobiliza un total de 829.914,05 euros para a cooperación con concellos e a colaboración con entidades da provincia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de 150.000 euros á Universidade de Vigo para o desenvolvemento dun proxecto de investigación piloto a través da creación dun “hub termal” para analizar sistemas de aproveitamento enerxético en instalacións balnearias con auga termal de baixa temperatura.

Tal e como trasladou o presidente provincial, Luis Menor, en rolda de prensa este martes despois da xunta, a investigación baséase no deseño e construción dunha planta piloto que combinará enerxía xeotérmica e solar fotovoltaica, a partir dun sistema de bombas de calor que permitirán elevar a temperatura da auga para o seu uso termal e enerxético.

A iniciativa busca analizar o funcionamento do sistema, así como o seu consumo enerxético, o custo de utilización e as emisións asociadas en comparación coas instalacións convencionais, que empregan combustibles fósiles.

OUTROS ASUNTOS

En concreto, a administración mobilizou un total de 829.914,05 euros, dos que 582.526,19 euros se destinan a municipios da provincia e os restantes 247.387,86 euros a entidades, asociacións e institucións de Ourense.

Por unha banda, entre os concellos beneficiados están San Cristovo de Cea (200.000 euros), Carballeda de Valdeorras (134.905,91 euros), Os Blancos (60.000 euros), Lobios (48.000 euros), A Peroxa (40.000 euros), Rubiá (35.000 euros), San Xoán de Río (26.435,96 euros e 18.087 euros), A Mezquita (10.111,92 euros), Bande (6.000 euros) e Larouco (3.985,40 euros).

Nesta liña, ademais da UVigo, entre as entidades beneficiadas están o Club de Fútbol Monterrei (48.387,86 euros), a Asociación Os Rebordiegos de Rebordechao, en Vilar de Barrio (30.000 euros), a Asociación Coordinadora da Festa da Istoria, en Ribadavia (13.000 euros) e o Club Náutico Ribeiro (6.000 euros).

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...

Vigo entra en alerta polo nivel de Eiras: Caballero esixe á Xunta reducir o caudal ecolóxico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu advertir sobre o baixo nivel do encoro...