InicioEconomíaO BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

Os nacionalistas tamén propoñen duplicar o recargo para pisos desocupados durante máis de tres anos e bonificar cun 95 % os que se incorporen ao alugueiro social ou protexido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI) para as vivendas que permanezan desocupadas durante máis de tres anos e elevalo ata un 150 % para os grandes propietarios que teñan dous ou máis pisos baleiros. Nun comunicado, o Bloque anunciou que trasladará esta medida ás ordenanzas fiscais municipais para 2027, xunto cunha bonificación do 95 % para as vivendas que se incorporen a programas públicos de alugueiro ou se destinen a alugueiro protexido ou social.

O voceiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, cualificou de “absurdo” que na cidade existan máis de 22.000 vivendas baleiras mentres preto de 12.000 persoas están inscritas no rexistro de demandantes de vivenda protexida. “Temos un inmenso parque de vivenda baleira nunha cidade onde cada vez máis traballadores e mozos non se poden permitir, literalmente, o luxo de ter unha vivenda”, criticou. Neste sentido, o BNG reclama combinar medidas de penalización dos pisos baleiros con incentivos para favorecer a súa incorporación ao mercado de alugueiro social e protexido.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...

UXT ve “desproporcionada” a sanción a unha vixiante do Cunqueiro de Vigo por darlle unha labazada a un paciente agresivo

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UXT (FeSMC-UXT) cualificou como "desproporcionada" a...