InicioSociedadeUXT ve "desproporcionada" a sanción a unha vixiante do Cunqueiro de Vigo...

UXT ve “desproporcionada” a sanción a unha vixiante do Cunqueiro de Vigo por darlle unha labazada a un paciente agresivo

A empresa impúxolle 30 días de suspensión de emprego e soldo, nunha decisión avalada polos tribunais

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UXT (FeSMC-UXT) cualificou como “desproporcionada” a sanción de 30 días de suspensión de emprego e soldo imposta pola empresa Eulen a unha vixiante de seguridade do Hospital Álvaro Cunqueiro (sanción confirmada polo TSXG), tras propinar unha labazada a un paciente agresivo que, no entanto, estaba engrilletado e custodiado.

O sindicato defendeu que “a intervención se produciu no marco dunha situación de especial tensión e risco”, na que foi necesaria a intervención de varios membros do persoal de seguridade e durante a cal “se produciron agresións físicas e verbais por parte do paciente”. “De feito, tres do catro vixiantes que participaron na intervención tiveron que ser atendidos posteriormente en urxencias, un deles precisando mesmo intervención cirúrxica, mentres que outros dous causaron baixa polas lesións e contusións sufridas”, engadiu UXT.

Ademais, sinalou que “a persoa que presentou a denuncia non estivo presente durante a intervención” e “as testemuñas que si presenciaron directamente os feitos manifestaron que non se produciu ningunha agresión por parte da vixiante”. Por iso, o sindicato pediu que a valoración dos feitos se faga tendo en conta as circunstancias desa situación, e que tamén se valore “a traxectoria profesional da traballadora e o feito de que se trataba dunha intervención extraordinaria na que o persoal de seguridade tivo que facer fronte a unha situación especialmente complicada dentro dunha contorna hospitalaria”.c

Finalmente, a central reclamou protección para estes traballadores e volveu a denunciar a “exposición” deste colectivo nos hospitais, especialmente nos servizos de Urxencias, “onde os profesionais teñen que intervir en situacións de violencia, ameazas, insultos e agresións”. Igualmente, trasladou o seu compromiso “coa defensa laboral e xurídica” da traballadora sancionada.

ÚLTIMAS

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...

Alertan do aumento dos discursos de odio cara as persoas sen fogar en Vigo

A Fundación Érguete-Integración alertou este venres do aumento da aporofobia en Vigo e reclamou...

SOS Sanidade Pública pide unha unidade de Grandes Queimados en Vigo “referente” para todo o sur de Galicia

SOS Sanidade Pública reclamou a creación dunha unidade de Grandes Queimados en Vigo que...