InicioSociedadeCaballero acusa á Xunta de "perder 15 anos" na construción de encoros

Caballero acusa á Xunta de “perder 15 anos” na construción de encoros

Segundo o alcalde, existía un acordo entre o Concello, o Goberno de España e a Xunta para facer esa nova presa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres de novo contra a Xunta, á que acusa de facer “perder 15 anos” porque “agora di que hai que facer novas presas en Galicia”, aínda que rexeitou a construción dun segundo encoro para abastecer a área viguesa. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico lembrou que hai 15 anos expuxo ao goberno galego a necesidade de construír unha nova presa, augas arriba do actual encoro de Eiras, no río Oitavén, “imprescindible” para abastecer de auga aos 600.000 habitantes de Vigo e a súa área, e á industria do territorio.

“Repetímosllo hai 13 anos, hai 12 anos, hai 7 anos. Repetímosllo de forma continua. E acabámosllo de dicir hai 6 meses. E a resposta da Xunta sempre foi que non, que non e que non. E agora, 15 anos despois, a Xunta de Galicia di que hai que facer novas presas en Galicia. Perdemos 15 anos”, proclamou Abel Caballero, que engadiu: “Non teriamos que estar coas restricións que temos neste momento se tivésemos a presa feita”. que xa dese tempo.

Segundo o alcalde, existía un acordo entre o Concello, o Goberno de España e a Xunta para facer esa nova presa, “e a Xunta, despois de asinalo no documento, dixo que non, que non se fixese a presa”. Por iso, cuestionou “quen vai asumir a responsabilidade” porque esa segunda presa “xa tiña que estar feita”. “Estamos con restricións pola incapacidade da Xunta de Galicia de iniciar, cando lle dixemos ou cando o asinamos, a construción da nova presa”, insistiu, e aclarou que se trataría dunha presa “moi pequña” e que non habería efectos ambientais nin sociais.

“Hai que porse inmediatamente. E desde aquí insto á Xunta de Galicia a que nos poñamos mañá mesmo a traballar o goberno de España, a Xunta de Galicia e o goberno de Vigo para facer unha nova presa augas arriba no Oitavén”, resolveu.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...