InicioVigo e contornaVigoO PP de Vigo acusa ao goberno local de "sobrecargar" os bombeiros...

O PP de Vigo acusa ao goberno local de “sobrecargar” os bombeiros por “falta de persoal”

O BNG de Vigo esixiu ao Concello que axilice a resolución das bolsas de comedor escolar antes do inicio de curso para garantir que todo o alumnado que necesita este servizo poida acudir desde o primeiro día

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, lamentou que o goberno local “opte outro ano máis por sobrecargar con gardas extraordinarias aos bombeiros” para tentar facer fronte ao “grave problema da falta de persoal” que existe no servizo.

A líder da oposición informou de que o goberno local aprobou o pasado venres a prórroga do programa para a realización de servizos extraordinarios en exceso de xornada polo persoal do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis). “É un eufemismo para dicir que así poderán facer máis gardas que as legalmente fixadas”, precisou.

“Como non hai bombeiros suficientes, os que hai poden facer máis horas das permitidas. E logo, cando ocorren desgrazas, levámonos as mans á cabeza. Non é que poida ocorrer algo grave, é que xa pasou”, lembrou Sánchez nun comunicado.

Ela lamentou que o goberno local utilice outra das súas “tretas” para facer fronte á escaseza de efectivos nos Bombeiros de Vigo. “Este mes de agosto cúmprese un ano da artimaña coa que Abel Caballero decidiu suprimir o cociente mínimo de 20 bombeiros por quenda. Porque é que así é como funciona o goberno local: como non hai xente para cumprir co mínimo de efectivos, pois decide quitar ese mínimo e problema resolto”, reprochou, á vez que insistiu en que “é evidente que así non se solucionan as cousas”.

“A decisión de ampliar as xornadas dos bombeiros para compensar as vacantes no persoal non é nova, xa que se aplica desde fai nove anos tamén na Policía Local tras ser prorrogada de novo o pasado decembro. Os policías levan nove anos de horas extra para tratar de compensar un problema xa endémico do que non se libra ningún dos departamentos municipais, pero que resulta máis evidente no caso dos servizos de emerxencias”, subliñou.

“O goberno local tomou a decisión de acalarlles no canto de solucionar o problema. Estas semanas están a se incorporar 23 efectivos ao corpo de bombeiros, pero aínda existen máis de 30 vacantes sen cubrir, boa parte delas correspondentes ás ofertas públicas de emprego pendentes de convocar, algunhas de fai seis anos”, indicou Luisa Sánchez.

BNG DE VIGO ESIXE AO CONCELLO RESOLUCIÓN DAS BOLSAS DE COMEDOR

O BNG de Vigo esixiu ao Concello que axilice a resolución das bolsas de comedor escolar antes do inicio de curso para garantir que todo o alumnado que necesita este servizo poida acudir desde o primeiro día.

Nun comunicado, o portavoz do Bloque, Xabier Pérez Igrexas, reclamou ao goberno local que resolva antes do 9 de setembro as solicitudes presentadas, co obxectivo de que preto de 4.000 familias saiban con antelación se son ou non beneficiarias.

Igrexas valorou que, tras anos de insistencia, o Concello adiantase o período de solicitude, iniciado o pasado 1 de abril ata o 4 de maio. Por iso, considera que catro meses debería ser “tempo máis que suficiente” para comprobar a documentación e resolver as axudas.

“Unhas 4.000 familias non poden empezar o curso coa incerteza de non saber se van contar ou non cunha axuda que en moitos fogares é indispensable para permitir que os nenos poidan acudir ao comedor”, advertiu o nacionalista.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...