InicioSucesosUn motorista de 60 anos, ferido moi grave tras chocar contra unha...

Un motorista de 60 anos, ferido moi grave tras chocar contra unha ‘pick-up’ na parroquia viguesa de Valladares

O accidente produciuse pouco antes das 14.00 horas na PO-330 e o home foi trasladado en UVI móbil ao hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista de 60 anos, identificado coas iniciais P.G.I., resultou ferido moi grave na tarde deste martes tras chocar contra outro vehículo na parroquia viguesa de Valladares. Segundo fontes do 112 Galicia, o accidente produciuse minutos antes das 14.00 horas, á altura do punto quilométrico 3,5 da PO-330. No sinistro víronse implicados unha motocicleta e un vehículo tipo “pick-up”, que tería impactado contra a moto.

DÚAS AMBULANCIAS ATENDERON O FERIDO NA ESTRADA

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e dos bombeiros. A persoa ferida estaba liberada e accesible, polo que non foi necesario realizar tarefas de desencarceramento. Fontes presenciais indicaron que ata dúas ambulancias tiveron que atender o motorista na propia estrada e que o home presentaba unha importante perda de sangue.

TRASLADADO AO ÁLVARO CUNQUEIRO EN UVI MÓBIL

Finalmente, unha UVI móbil con base en Mos trasladou o ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro, segundo confirmou o 061. O seu estado era moi grave tras o impacto.

ÚLTIMAS

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...

UXT ve “desproporcionada” a sanción a unha vixiante do Cunqueiro de Vigo por darlle unha labazada a un paciente agresivo

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UXT (FeSMC-UXT) cualificou como "desproporcionada" a...

Alertan do aumento dos discursos de odio cara as persoas sen fogar en Vigo

A Fundación Érguete-Integración alertou este venres do aumento da aporofobia en Vigo e reclamou...