O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo de lavandaría dos hospitais da área de Vigo, chegaron a un preacordo que permitiu desconvocar a folga prevista para esta semana, e que contempla no convenio que se negocia unha subida salarial do 5% anual e que o tempo de bocadillo compute como xornada e que se poida cambiar por máis días libres en fin de semana.
Este martes celebrarase unha asemblea cos traballadores no hospital Meixoeiro para informar o preacordo e a partir do mércores seguirase negociando coa empresa o resto de aspectos do convenio. A subida salarial e o cómputo do tempo de bocadillo eran dous das principais demandas na plataforma sindical, e a partir do mércores seguirase negociando o resto do convenio. Os sindicatos, con todo, advertiron de que, no caso de que a empresa non cumpra o acordado ou non se produzan avances no resto de cuestións, poderíase promover unha nova convocatoria de folga.
