InicioEconomíaTraballadores de Iberconsa concéntranse en Vigo para reclamar melloras laborais

Traballadores de Iberconsa concéntranse en Vigo para reclamar melloras laborais

O persoal pide unha terceira paga extra, subas salariais e a extensión da prima de penosidade a quen accede á cámara frigorífica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores de Iberconsa, empresa dedicada á elaboración de produtos do mar conxelados, concentráronse este xoves ante a planta dunha das compañías do grupo, Frigalsa, no barrio vigués de Teis, para reclamar melloras laborais. Esta protesta enmárcase no calendario de mobilizacións iniciado a principios de xuño, cunha concentración ante a sede de Iberconsa no peirao de Bouzas.

Segundo informou a CIG, o persoal reclama unha terceira paga extra, unha subida salarial de 40 euros mensuais para a categoría 2 e a extensión da prima de penosidade a todo o persoal que accede á cámara frigorífica. Tamén piden o abono íntegro do plus de serras e que as gratificacións voluntarias deixen de ser absorbibles. “En definitiva, o que propoñemos son unha serie de posibilidades que permitan incrementar os baixos salarios que fixa o convenio estatal do sector”, apuntaron desde a CIG.

ÚLTIMAS

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...