InicioPolíticaO BNG acusa ao Concello de Vigo de "boicotear" eventos organizados polo...

O BNG acusa ao Concello de Vigo de “boicotear” eventos organizados polo tecido asociativo da cidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo esixiu ao goberno local de Abel Caballero que “deixe de boicotear” eventos organizados polo tecido asociativo da cidade, denunciando “obstáculos e enormes demoras” na tramitación de permisos e reclamando máis persoal municipal e apoio económico para as actividades dos colectivos veciñais.

Nun comunicado, o Bloque criticou que a “incapacidade na xestión” da Concellaría de Seguridade, dirixida pola edil imputada Patricia Rodríguez, está a converterse nunha “sabotaxe institucional” que engade dificultades á organización de iniciativas culturais e sociais promovidas por asociacións e colectivos sen ánimo de lucro.

O portavoz nacionalista local, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que entidades que pon “recursos e traballo” para facer posibles actividades abertas aos veciños se atopen cunha administración que, en lugar de axudar e facilitar, “converte a tramitación de permisos nunha yincana insoportable”.

“Non ten explicación que sistematicamente se estean resolvendo os permisos a escasas horas do inicio dos eventos ou que se notifiquen novos requirimentos sen tempo material”, afirmou Igrexas, que puxo como exemplo as recentes fogueiras de San Juan e outras actividades culturais.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...