InicioSociedadeO goberno de Vigo atribúe as críticas de PP e BNG polo...

O goberno de Vigo atribúe as críticas de PP e BNG polo caso Saltamontes á súa “desesperación”

López Font defende que o executivo local “confía na Xustiza” e acusa a populares e nacionalistas de recorrer ás “calumnias” porque “a cidade os despreza”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo saíu ao paso das críticas realizadas nos últimos días por PP e BNG en relación coa imputación da concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño, no caso Saltamontes. Nunhas declaracións remitidas aos medios, o concelleiro socialista Carlos López Font asegurou que detrás desas críticas está a “desesperación” de populares e nacionalistas porque, segundo afirmou, “a cidade os despreza”. O edil incidiu en que o goberno local “confía na Xustiza” e acusou ao PP de non querer que a Xustiza faga o seu traballo.

“En realidade, o que se oculta detrás de todo isto é a desesperación do PP de Vigo e do BNG porque esta cidade non os quere, son os peores candidatos que houbo nunca nesta cidade”, proclamou López Font. Ademais, engadiu que o PP vigués está “ao servizo de Rueda”, en lugar de defender a cidade. “Non lles queren nin sequera os seus votantes e así o reflicten as últimas enquisas. Os candidatos son tan malos que a cidade os despreza. Por iso é polo que non queiran falar de política, senón de calumnias”, sentenciou o concelleiro socialista.

O PP PEDIU A DIMISIÓN DA CONCELLEIRA DE SEGURIDADE

As manifestacións do portavoz do goberno local difundíronse tras unhas declaracións da líder do PP vigués, Luisa Sánchez, nas que pediu a dimisión da edila de Seguridade. A dirixente popular afeoulle a Rodríguez Calviño a súa “frialdade” por apuntar á Policía Local como responsable de non precintar a atracción na que se produciu o accidente mortal de agosto de 2024. As críticas de Sánchez producíronse tras a publicación, nalgúns medios, do vídeo da declaración prestada pola concelleira socialista o pasado mes de febreiro como investigada no xulgado de instrución.

A CONCELLEIRA PIDE EVITAR A “AMPLIFICACIÓN” DE CONTIDOS DA CAUSA

Precisamente por mor desa publicación, Patricia Rodríguez Calviño emitiu un comunicado no que lembra que esa declaración se prestou no marco dunhas actuacións xudiciais “que se atopan en fase reservada”. A edila sinalou que, aínda que “non hai nada que ocultar”, existen normas que deben cumprirse para “garantir os dereitos” das persoas implicadas no procedemento.

Por iso, apelou á responsabilidade para evitar a “reprodución ou amplificación” deste tipo de contidos, especialmente cando poden “causar un prexuízo irreparable” ou “condicionar indebidamente” a percepción pública do procedemento. Rodríguez Calviño reiterou tamén a súa confianza na Xustiza e a súa colaboración coas actuacións xudiciais.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...