InicioSociedadeBanco de Alimentos de Vigo recada máis de 42.000 quilos de comida...

Banco de Alimentos de Vigo recada máis de 42.000 quilos de comida durante o Maio Solidario de Gadis, un 11% máis

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recadou máis de 42.000 quilos de comida durante a campaña Maio Solidario levada a cabo nos supermercados Gadis de Pontevedra, o que supón un 11% máis que no mesmo período de 2025. Nun comunicado, a organización celebrou estas cifras, aínda que apuntou que ante a realidade social actual é necesario a provisión de todo tipo de produtos básicos para atender a máis de 22.000 persoas en situación de vulnerabilidade na provincia.

En concreto, destes 42.000 quilos de alimentos recadados: máis de 34.000 quilos foron entregados fisicamente polos clientes, mentres que o resto son a suma das achegas económicas depositadas ao pasar por caixa e a doazón do 15% realizada pola propia empresa galega. Desde Banco de Alimentos agradeceron a todos aqueles que achegaron o seu gran de area nesta 14ª edición do Maio Solidario de Gadis, así como o traballo de todos os voluntarios que o fixeron posible.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...