InicioSucesosAtopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha persoa na tarde deste luns na piscina dunha vivenda en Redondela. A vivenda, segundo o servizo autonómico de emerxencias, está situada na Subida ao Picoto, na parroquia de Chapela.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso sobre as 17.20 horas a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tras recibir a alerta, informou do ocorrido á Policía Nacional e á Policía Local. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron o falecemento da persoa, que foi achada no interior da piscina. As forzas e corpos de seguridade investigan as circunstancias nas que se produciu o suceso.

ÚLTIMAS

Bombeiros de Bueu e helicóptero salvamento dende Viveiro para acudir a un rescate en montaña en Gondomar

O grave accidente dun escalador no monte do Galiñeiro este domingo volveu poñer en...

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...

A UVigo conmemora o Día Mundial dos Océanos cos aniversarios da Ecimat e do Centro de Investigación Mariña

A Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este luns o 20º aniversario da apertura da...