InicioSucesosFerido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo, cando circulaba pola VG-20 en Vigo, segundo informou o CIAE 112 Galicia. Os feitos ocorreron sobre as 21.30 horas deste domingo, cando o condutor circulaba pola VG-20 en sentido á ligazón coa AP-9. Uns minutos antes, outro condutor contactara co 112 para advertir da presenza dunha ave na vía, posiblemente un parrulo.

Os servizos de Emerxencia informaro á Garda Civil de Tráfico, Policía Local, e ao servizo de limpeza da vía. Pero pouco despois, outro condutor chamaba para informar de que unha ave impactara contra o seu parabrisas. O condutor resultou ferido nos brazos debido aos cristais desprendidos polo golpe da ave. O sinistro ocorreu á altura do quilómetro 8,5 deste viario.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...