InicioMovementos SociaisVídeo: Concentración en Vigo contra o mantemento da liberdade provisional dos membros...

Vídeo: Concentración en Vigo contra o mantemento da liberdade provisional dos membros da Manada

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Fóra machistas das institucións”, “Rebelión, desobediencia, contra a súa violencia”, “Contra o patriarcado, feminismo organizado”, “Se é machista non é xustiza, “Ningunha agresión sen resposta”. Foron algúns dos lemas que se escoitaron este venres 4 de xaneiro en Vigo ás portas do museo Marco de arte contemporáneo.

Foi unha concentración organizada polo grupo ‘Feminismo Unitario Vigo’ para protestar ás oito da tarde contra a decisión xudicial de manter en liberade provisional aos membros da ‘Manada’, ese grupo de amigos denunciados por varias agresións sexuais, a máis famosa delas a acontecida en Pamplona en 2016.

Manifestación contra A Manada/ Miguel Núñez

De feito, as concentracións en repulsa das decisións dos xuíces estar a ser constantes na evolución deste lento proceso, e sucedéronse de novo en toda España. O asunto, que xera moita indignación cidadá e abriu intensos debates xurídicos e sociais, está moi lonxe de cerrarse.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...