InicioSociedadeO Sergas pon en marcha a nova área de prevención e rehabilitación...

O Sergas pon en marcha a nova área de prevención e rehabilitación cardíaca do Álvaro Cunqueiro

A Consellería de Sanidade investiu preto de 800.000 euros nestas instalacións de Vigo que darán atención de referencia a 600 pacientes ao ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas puxo en funcionamento nas últimas semanas a nova área de prevención e rehabilitación cardíaca do Hospital Álvaro Cunqueiro para ofrecer unha atención de referencia a 600 pacientes ao ano, o que supón aproximadamente a metade dos pacientes que ingresan en Vigo por episodios cardíacos. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Alfredo Silva, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Ponte, visitou este mércores a nova unidade acompañado pola doutora Marisol Bravo, responsable da unidade, e polo xefe do Servizo de Cardioloxía, Andrés Íñiguez.

O investimento da Xunta nesta nova unidade ascendeu a preto de 800.000 euros na obra e no equipamento, contando agora cunha superficie de 270 metros cadrados. Este novo espazo dispón de catro consultas, un ximnasio terapéutico, unha sala de emerxencias totalmente equipada, zonas de reunión e vestiarios. Deste xeito, ofrécense programas para reducir o risco de mortalidade e evitar novos episodios a pacientes que sufriron patoloxías cardíacas agudas, infartos ou intervencións coronarias. Tamén se actúa sobre determinados factores de risco mediante plans individualizados, como o programa de cesación tabáquica.

O conselleiro eloxiou o traballo do equipo que forma a unidade, con profesionais de cardoloxía, rehabilitación, enfermaría, fisioterapia, psicoloxía, nutrición, traballo social e farmacia. “Este equipo non só cura e acompaña no avance do benestar dos pacientes e na reincorporación segura á vida cotiá, senón que tamén forma e impulsa o coñecemento”, asegurou. A unidade combina a asistencia sanitaria coa formación de pre e posgrao e coa investigación clínica, en colaboración con outros servizos e coa Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur.

Os responsables autonómicos tamén avanzaron que nos próximos meses a Consellería de Sanidade licitará as obras de ampliación do servizo de Urxencias do Hospital Público Álvaro Cunqueiro. Ademais, xa está adxudicada a obra da área de Cirurxía Maxilofacial que se situará no Hospital Meixoeiro e actualmente está en fase de licitación a área de Reprodución Humana Asistida. Estas actuacións sumaranse ao novo hospital de día médico que a Xunta impulsou no Álvaro Cunqueiro, de forma coordinada coa nova sala de espera, humanizada, do Servizo de Oncoloxía.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...