InicioPolíticaO PP vigués acusa a Abel Caballero de apoiar só a cultura...

O PP vigués acusa a Abel Caballero de apoiar só a cultura que lle gusta e “acabar coa diversidade e o talento”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP vén de criticar novamente as políticas culturais do goberno de Vigo e acusou ao rexedor Abel Caballero de reducir a cultura a “unha única expresión”, que “só gusta ao alcalde”, “acabando coa diversidade, o talento, a innovación e as formas de expresión”.

Así o trasladou, a través dun comunicado remitido aos medios, a concelleira Teresa Egerique, quen lamentou a “perda de identidade que sempre tivo Vigo como cidade innovadora, alternativa e con numerosas canles de expresión cultural”.

Segundo denunciou a edil do PP, a actuación do actual goberno municipal inclínase por unha cultura “única e unilateral, que só gusta ao alcalde”, en lugar de ser entendida como un “amplo abanico de posibilidades e actividades que xorden en todo momento da sociedade”.

Ao seu xuízo, os alcaldes e gobernos locais deben ser “meras canles de transmisión” da cultura, en lugar de “monopolizala e reducila a unha única expresión”.

Teresa Egerique sinalou que, nos seus 11 anos de goberno, Abel Caballero só apoiou “a súa cultura, a cultura que a el lle gusta e que non sempre ten que coincidir coa oferta que os vigueses demandan”.

“Somos unha cidade cunha grandeza cultural impresionante, con multitude de posibilidades que non se están aproveitando”, proclamou Egerique, quen advertiu de que a actuación do goberno local e a súa falta de apoio “abocou á desaparición a numerosas iniciativas de carácter artístico, musical, fotográfico e teatral”.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...