InicioEconomíaRueda reivindica en Navalia o papel referente da industria naval galega ante...

Rueda reivindica en Navalia o papel referente da industria naval galega ante máis de mil empresas

O presidente da Xunta destaca que o sector xera 60.000 postos de traballo e pon en valor os case 63 millóns do Plan Director aprobados polo Executivo autonómico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este mércores a feira internacional Navalia en Vigo, a máis importante do sector que se celebra no sur de Europa, e na que participan 1.200 empresas de Europa, China, Latinoamérica e o sueste asiático. Segundo lembrou, este sector, no que Galicia é “referente”, é un dos principais motores económicos da Comunidade, onde hai unhas 3.000 empresas vinculadas a esta industria, que xeran uns 60.000 postos de traballo, o que supón o 40 % do emprego industrial.

O goberno autonómico lembrou que leva anos “apoiando ao sector” para fomentar a súa competitividade, modernización e adaptación a novos nichos de mercado, como as enerxías renovables, principalmente a eólica mariña, ou consolidar o seu papel en sectores estratéxicos en auxe como a defensa e a seguridade.

Para iso, a Xunta aprobou o ano pasado o Plan Director do Naval, dotado con case 63 millóns de euros e con medidas para impulsar esta industria. Así mesmo, está en marcha a Estratexia de Seguridade, Defensa e Aeroespazo de Galicia, con 183 millóns para apoiar a empresas que queiran adaptar a súa produción a este ámbito.

Por outra banda, o Consello do goberno autonómico aprobou o pasado luns unha nova aceleradora empresarial, Bussines Factory Energy, centrada no ámbito da enerxía para acompañar e asesorar na creación de novos proxectos neste sector. Finalmente, a Xunta tamén destacou o seu apoio ao tecido produtivo en retos como a cobertura de vacantes, o absentismo laboral, a necesidade de formación para un emprego máis flexible ou a substitución xeracional.

ÚLTIMAS

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...