InicioDeportes60.000 euros e cinco anos sen entrar a Balaídos: o castigo exemplar...

60.000 euros e cinco anos sen entrar a Balaídos: o castigo exemplar de Antiviolencia a un afeccionado celeste

A Comisión propón fortes castigos no fútbol estatal, destacando as sancións a radicais celestes e a unha ducia de ultras por unha liorta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisión Estatal contra a Violencia no Deporte vén de anunciar unha nova batería de sancións. O RC Celta é un dos clubs salpicados por estas propostas de multas. O castigo máis chamativo da xornada recae sobre un único afeccionado celeste.

O organismo solicita unha contía de 60.001 euros para este seguidor. Ademais, pide cinco anos de prohibición de acceso a calquera recinto deportivo. O motivo é que foi localizado no interior do Estadio Abanca Balaídos. O home lograra entrar a pesar de ter unha prohibición vixente por unha infracción anterior. Pero este non é o único incidente relacionado co equipo vigués. Antiviolencia tamén propón sancionar a outros 12 afeccionados por unha pelexa multitudinaria. O enfrontamento produciuse entre ultras do Celta e do Olympique de Lyon francés o pasado 11 de marzo.

Para estes implicados solicítanse multas de 5.000 euros e un ano de prohibición de acceso aos estadios. Naquela liorta, a Policía Nacional interceptou numeroso material perigoso e preparado para a batalla urbana. Os axentes incautaron naquel momento 14 mangos de madeira e oito tubos de PVC de case un metro. Tamén requisaron pasamontañas, protectores bucais e adhesivos de ambos os grupos radicais.

CASOS SIMILARES 

A nivel estatal, a Comisión repartiu máis castigos por altercados similares. O Real Betis enfróntase a 30.000 euros de multa por acender botes de fume na Cartuxa. Tamén hai sancións de ata 5.000 euros para radicais da UD As Palmas, RSD Alcalá e Racing de Santander por enfrontamentos coa policía e pelexas tumultuarias.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...