InicioSociedadeCaballero acusa a Xunta e Deputación de non facer vivenda mentres o...

Caballero acusa a Xunta e Deputación de non facer vivenda mentres o PP repróchalle que as súas son “só papel”

O rexedor afirma que o Concello ten en marcha 715 pisos fronte ao PP, que sinala que os particulares rehabilitan co seu diñeiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter contra a Xunta e contra o PP a conta da vivenda, e insistiu en que, entre Concello e Zona Franca, teñen en marcha máis de 800 vivendas na cidade, á vez que instou á Deputación a construír tamén pisos protexidos en Vigo. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico insistiu en que o Concello “rehabilitou máis de 400 vivendas” nunha ducia de ámbitos da cidade, cun investimento de máis de 6 millóns. Igualmente, reiterou que o Concello ten 715 vivendas “en marcha” en Santa Cristina, Barreiro ou Esturáns, ás que se suman 90 de Zona Franca na zona de Balaídos.

“A pregunta é cantas vivendas de promoción constrúe a Deputación en Vigo? Porque a Deputación non construíu nin promocionou nin unha soa vivenda en Vigo. Porque as competencias de vivenda son da Xunta, o Concello non ten e a Deputación tampouco, pero se o Concello as fai, a Deputación poderíaas facer igual. A que espera? Que se poñan a iso de forma inmediata”, proclamou Abel Caballero. O alcalde denunciou que, fronte ás 715 vivendas promovidas pola administración municipal, a Xunta non promove “nin unha de aluguer” e “para vender 62 soamente, dándolle o solo o Concello”. “O PP de Vigo, a Xunta e a Deputación están a rirse desta cidade”, concluíu.

RESPOSTA DO PP

En resposta ás palabras dun “nervioso” alcalde, a presidenta do PP, Luisa Sánchez, insistiu en lembrar que o Concello non rehabilitou “nin unha soa das vivendas” mencionadas por Caballero, senón que o fixeron os particulares “co seu diñeiro e con axudas que proceden da UE, concedidas pola Xunta e polo Goberno de España”. Con respecto ás vivendas de promoción municipal, subliñou que ningunha delas se está construíndo aínda e sinalou que o alcalde está tan “desesperado” como para agora reclamar á Deputación que constrúa vivenda pública cando non ten competencias.

Ao contrario que o Concello de Vigo, que si as ten. Lémbrolle que ten sobre a súa mesa un informe do secretario municipal que cita ata catro leis que lle dan competencias ao Concello de Vigo para construír vivenda. Ese informe está incluído no expediente aberto para constituír a empresa pública de vivenda, a cal non podería crear se non tivese competencias”, subliñou Luisa Sánchez. Por outra banda, cuestionou por que Caballero non reclamou vivenda protexida á Deputación durante os 8 anos que estaba presidida pola socialista Carmela Silva, e suxeriu ao rexedor que centre os seus esforzos “en achegar algo para solucionar o principal problema da cidade”.

Finalmente, a presidenta local do PP volveu lembrar que a única administración que está a facer vivenda protexida en Vigo é a Xunta, con máis de 300 pisos en obras en Navia dun total de 1.600 que se construirán nos próximos anos, aos que se suman as vivendas programadas nos ámbitos de Ramón Nieto (1.400 vivendas) e Ofimático (2.300 vivendas). “E mentres a Xunta está a actuar, el fala de vivendas que só están no papel”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...