InicioSociedadeVigo aproba o primeiro paso da ordenanza das súas Zonas de Baixas...

Vigo aproba o primeiro paso da ordenanza das súas Zonas de Baixas Emisións

A cidade contará con catro áreas restrinxidas no centro, Praza Portugal, Bouzas e O Calvario, aínda que Caballero defende que “non se obriga a ninguén a cambiar o seu vehículo”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns de forma inicial o proxecto de ordenanza das súas Zonas de Baixas Emisións, ZBE, co que se abre agora un prazo de emendas para que os grupos municipais poidan presentar as súas propostas de modificación. Así o informou o alcalde, Abel Caballero, que explicou que, tras este trámite, o texto deberá ser aprobado inicialmente no pleno. Despois publicarase no Boletín Oficial da Provincia, abrirase un prazo de 30 días de exposición pública e alegacións e, finalmente, a ordenanza terá que volver ao pleno para a súa aprobación definitiva e entrada en vigor. O rexedor non concretou unha data para esa posta en marcha.

CATRO ZONAS DE BAIXAS EMISIÓNS

Caballero lembrou que Vigo contará con catro Zonas de Baixas Emisións: a Zona Centro, a Zona Praza Portugal, a Zona Bouzas e a Zona Calvario. Segundo explicou, trátase de ámbitos que xa contan actualmente con restricións ao tráfico, na súa maioría zonas semipeonís ou peonís. “En Vigo non obrigamos, en ningún caso, a que ninguén teña que cambiar o seu vehículo”, afirmou o alcalde, antes de enumerar as excepcións que permitirán circular por estas áreas sen ser sancionado.

QUEN PODERÁ CIRCULAR POLAS ZBE

Entre os vehículos autorizados estarán os pertencentes a persoas empadroadas nas propias zonas ou a persoas residentes nelas, así como os coches de empresas ou autónomos que operen neses ámbitos. Tamén poderán acceder vehículos de servizos públicos, como Policía, Bombeiros ou ambulancias, ademais de motos e ciclomotores, aínda que neste último caso só entre as 07.00 e as 22.00 horas.

A ordenanza permitirá tamén a circulación de vehículos de mobilidade persoal, como patinetes, taxis, autobuses que presten servizo nesas zonas, empresas de transporte ou coches de persoas que dispoñan dunha praza de garaxe, entre outras excepcións sinaladas polo rexedor. Para o resto de vehículos, o acceso quedará limitado a supostos concretos. Segundo explicou Caballero, poderán entrar unicamente para estacionar nun aparcadoiro de uso público ou privado, nunha zona de estacionamento limitado e controlado en superficie mediante parquímetros ou nunha reserva de estacionamento situada no interior das Zonas de Baixas Emisións.

TRES FASES DE IMPLANTACIÓN

A posta en marcha da ordenanza estruturarase en tres fases. As dúas primeiras terán unha duración de dous anos cada unha, mentres que a terceira será indefinida. Na primeira fase, que comezará coa entrada en vigor da norma, xa non poderán circular polas Zonas de Baixas Emisións os vehículos sen distintivo ambiental. Na segunda fase quedarán tamén excluídos os vehículos con etiqueta B. Finalmente, na terceira fase, tampouco poderán acceder os vehículos con etiqueta C.

PRIMEIRO AVISO ANTES DAS MULTAS

Caballero indicou que, durante un período inicial, o Concello informará os usuarios que sexan detectados accedendo de forma indebida ás ZBE, co obxectivo de que coñezan a nova normativa. “Durante un tempo non se multará”, sinalou o alcalde, que defendeu unha implantación progresiva da ordenanza. O proxecto inicia agora a súa tramitación política e administrativa antes da súa aprobación definitiva, nun proceso que situará Vigo entre as cidades galegas que avanzan na regulación das Zonas de Baixas Emisións.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...