InicioMedio Ambiente e PatrimonioDenunciada unha veciña de Vilaboa por ter a dez dos seus cans...

Denunciada unha veciña de Vilaboa por ter a dez dos seus cans encadeados “permanentemente” e sen microchip

PUBLICADO O

- Advertisement -

A patrulla do Seprona da Guardia Civil de Cangas (Pontevedra) denunciou a unha veciña da localidade pontevedresa de Vilaboa por infrinxir a Lei 4/2917 de protección e benestar animal de Galicia ao manter aos seus cans atados “de forma permanente limitándolles os movementos que lle son necesarios durante a maior parte do día”.

Os axentes do Seprona comprobaron que a muller tiña 14 cans e que dez deles estaban encadeados “de forma permanente”, as vinte e catro horas do día e que carecían da documentación do correspondente microchip obrigatorio.

Segundo trasladou o Instituto Armado, estes animais tampouco figuraban inscritos no ‘Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos’, como se indica ao superar a cantidade estipulada de cinco cans.

Ao mesmo tempo, segundo informou a Guardia Civil, formuláronse varias denuncias por distintas infraccións administrativas relacionadas principalmente cos rexistros documentais e microchips, que foron remitidas á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...