InicioSociedadeCaballero esixe explicacións a Rueda polas “mentiras” sobre o AVE Vigo-O Porto

Caballero esixe explicacións a Rueda polas “mentiras” sobre o AVE Vigo-O Porto

O alcalde de Vigo acusa a Xunta de soster que Portugal avanzaba na conexión ferroviaria mentres agora, asegura, se confirma que o tramo ata Galicia non será posible “nin sequera antes do ano 2039”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu este xoves explicacións a Alfonso Rueda e á Xunta polas “mentiras” que sostiveron con respecto aos prazos do AVE Vigo-O Porto e aos avances do proxecto en territorio español e territorio portugués. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico sinalou que, a día de hoxe, se confirma que a prioridade do goberno luso é o AVE entre O Porto e Lisboa, e que a conexión ata a fronteira con Galicia non será posible “nin sequera antes do ano 2039”.

Esta realidade, apuntou o alcalde, contradise coas manifestacións de Alfonso Rueda que, xunto a Diego Calvo e cargos portugueses —o alcalde do Porto, Rui Moreira, ou o director da AECT Galicia-Norte de Portugal, Nuno Almeida—, entre outros, protagonizou un acto reivindicativo en decembro de 2024, no que defendeu que o goberno portugués estaba a cumprir, e urxía o español a definir prazos concretos para unha conexión en 2030. Despois de que as autoridades lusas recoñecesen que a prioridade é o tren O Porto-Lisboa, e o atraso do AVE cara a Galicia, Abel Caballero cuestionou o presidente da Xunta: “E agora que di?”.

En xullo de 2024, o presidente galego asinou o manifesto da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional Norte, insistiu Caballero, no que se recollía que “faltan avances polo lado español que equilibren o manifestado polo goberno portugués”. “En suma, asinou que o goberno portugués ía ben no tren e que o que non avanzaba era o goberno español”, denunciou Abel Caballero.

“E agora que di? Se o goberno portugués nin sequera empezou a parte súa do O Porto-Vigo, nin sequera a empezou. Nin sequera teñen anteproxectos, non fixeron nada. E agora que di Rueda destas mentiras que asinou e que dixo?”, proclamou o rexedor. Segundo o alcalde, a cuestión é que “Rueda quería evitar ter que recoñecer que Vigo non ten tren de alta velocidade a Madrid porque Aznar o deixou sen el, e porque Rajoy o deixou sen el”.

Finalmente, repetiu que, coa chegada de Sánchez, se recuperou o proxecto do AVE a Madrid por Cerdedo, e que “o Ministerio está a responder ben” ás súas reclamacións respecto diso. “E seguen en tempo e forma todos os desenvolvementos e tardará o que tecnicamente teña que tardar”, afirmou, antes de engadir que “o tren de Vigo ao Porto é unha gran acción que se fará, pero desafortunadamente, Portugal non pode apurar”.

ÚLTIMAS

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...

En paradero descoñecido dous activistas vigueses a bordo da flotilla a Gaza, logo de seren abordados polo exército de Israel preto de Creta

O que debía ser unha misión humanitaria de solidariedade co pobo palestino converteuse nunha...

Stellantis cae un 7% en Bolsa a pesar de anunciar beneficio neto de 377 millóns

Stellantis iniciou a sesión bursátil deste xoves en París cunha caída do 7,44%, ata...