InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de...

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello autoriza un novo modelo de colaboración público-privada e destina 8,2 millóns de euros a unha segunda convocatoria de obradoiros duais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no marco dun modelo piloto de xestión dos programas mixtos de formación e emprego. Esta iniciativa aposta pola colaboración público-privada para axustar a capacitación de maneira específica ás necesidades de cada territorio. Este primeiro acordo subscríbeo a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coa Mancomunidade de Montes de Vigo, cunha achega autonómica de 364.500 euros. O programa orientarase á prevención e recuperación de terreos afectados polos incendios nos montes periurbanos de Vigo e prevese que beneficie a 15 persoas desempregadas.

Por outra banda, o Goberno galego aprobou unha segunda convocatoria 2026-2027 da orde de axudas destinada á posta en marcha de obradoiros duais. Estes programas combinan a formación teórica e práctica con traballo efectivo en beneficio das respectivas contornas, incluíndo incentivos para a posterior inserción laboral. Tras a primeira convocatoria publicada o pasado mes de novembro, o vindeiro mes de maio sairá unha nova orde por 8,2 millóns de euros. Con esta partida prevese realizar outros 16 obradoiros para máis de 320 persoas, que terán unha duración de nove meses.

Noutra orde de cousas, o Consello abordou este luns o acordo de colaboración que vai subscribir a Xunta a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), dependente da Consellería de Economía e Industria, coa Universidade da Coruña (UDC). O obxectivo desta cooperación é promover o emprego de madeira galega de frondosas no proxecto de rehabilitación e cambio de usos previsto para a Finca de Lourizán, en Pontevedra.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...