InicioEconomíaA CIG chama a "desbordar" as rúas de Vigo o Primeiro de...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O sindicato rexeita o gasto militar da OTAN e reclama carga de traballo para os estaleiros fronte ao desfile das Forzas Armadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva do sindicato, Ester Mariño, presentaron este luns a mobilización central con motivo do Primeiro de Maio, que terá lugar na cidade olívica e contará coa participación do secretario xeral da central, Paulo Carril. Baixo o lema ‘Contra o imperialismo, paz e soberanía. En Galicia, traballo digno e dereitos‘, o sindicato nacionalista denunciou a actual escalada belicista internacional e o desvío de fondos públicos cara ao gasto militar.

Gonçalves criticou que os gobernos destinen “miles de millóns de euros para alimentar o complexo militar e industrial da OTAN” mentres se desmantelan os servizos públicos. Neste sentido, o responsable comarcal amosou o seu rexeitamento ao desfile das Forzas Armadas previsto para o 30 de maio en Vigo. “Vigo non quere tanques nas rúas, quere carga de traballo para os estaleiros e salarios que cheguen a fin de mes”, proclamou, arremetendo contra a actitude “covarde” da Unión Europea e o papel de Estados Unidos.

No plano socioeconómico, a CIG sinalou ao Goberno central e á Xunta como responsables da precariedade laboral e da subida de prezos. Gonçalves denunciou a “grave crise industrial” que sofre a comarca en sectores clave como a automoción e o naval, ao tempo que censurou o que cualificou como unha campaña da Xunta para “criminalizar as baixas laborais“. O sindicato reclama un xiro radical nas políticas públicas que inclúa a derrogación das reformas laborais, a soberanía sobre os recursos galegos e un plan de choque para elevar o Salario Mínimo.

A manifestación principal sairá ás 12.00 horas do cruzamento da Dobrada, en Vigo. Ademais desta cita, a central nacionalista convocou mobilizacións noutras localidades da comarca como O Porriño (12.00 h, diante do Concello), A Guarda (12.00 h, Praza Avelino Vicente) e Cangas (18.00 h, dende o Concello), que se sumarán ás protestas organizadas no resto das principais cidades galegas.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...