InicioSociedadeVigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba 'narcolanchas' tras sucesivas...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A Fiscalía pide penas de ata nove anos de cárcere e multas de 80 millóns para os 11 acusados de construír embarcacións para o narcotráfico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o xuízo contra 11 persoas acusadas e unha empresa de transportes pola construción e venda de ‘narcolanchas‘ en Vigo e no norte de Portugal, tras varias suspensións. O xuízo por estes feitos estivo sinalado inicialmente para novembro do ano pasado, pero foi suspendido por un cambio de avogado dun dos acusados. O pasado 2 de febreiro celebrouse unha vista para abordar as cuestións previas e fixouse como data de inicio das declaracións este 16 de febreiro.

Ese día a vista tivo que ser suspendida porque un dos letrados estaba indisposto e marcouse o inicio para o día seguinte, pero tampouco foi posible a celebración porque o mesmo avogado informou da imposibilidade de chegar a tempo ao xuízo. O 19 de febreiro, tras unha espera de case dúas horas —porque un dos acusados non estaba conectado por vídeoconferencia— tívose que acordar a suspensión outra vez. A explicación dábaa o avogado dese procesado que non estaba conectado: atopábase en cama, afectado por unha ciática e non podía desprazarse a ningún sitio con internet para facer a videoconferencia. Finalmente, tras encaixar as axendas dos letrados, a sección quinta da Audiencia, con sede en Vigo, prevé retomar o xuízo esta semana, tras unha única sesión celebrada, en febreiro, para a exposición de cuestións previas.

CONTRABANDO DE EMBARCACIÓNS PROHIBIDAS

A Fiscalía considera que os 11 acusados —máis unha empresa de transportes do Porriño— formaban unha estrutura “empresarial, persoal e material” que, polo menos entre setembro de 2020 e xuño de 2022, dedicábase a construír lanchas semirrígidas de alta velocidade, constitutivas de xénero prohibido, que ían ser destinadas a operacións de narcotráfico. Así, atribúelles delitos de contrabando de embarcacións constitutivas de xénero prohibido, cometidos por medios de persoas, entidades e organizacións.

Ademais, a un dos procesados acúsao tamén de tenencia ilícita de armas e de delito contra a saúde pública, xa que no rexistro do seu domicilio interviñéronselle case 300 gramos de haxix e, no seu despacho da empresa de transportes, unha pistola detonadora semiautomática. No marco desta investigación tívose coñecemento da construción de polo menos 19 ‘narcolanchas’, algunhas das cales se probou que participaran en alixos de haxix no sur da Península.

Por estes feitos, a Fiscalía pide para as acusados penas que van desde os 2 aos 9 anos de prisión, e o pago de multas que suman en total máis de 80 millóns de euros. Para a empresa acusada pide multa de 14 millóns de euros e dous anos de prohibición de obter axudas ou subvencións públicas, ou para beneficiarse de incentivos fiscais; ademais dun ano e tres meses de suspensión das actividades de importación, exportación ou comercio de embarcacións neumáticas e semirrígidas.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...