InicioSucesosDetidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto autor de tres roubos con violencia e intimidación a taxistas na cidade olívica, e a unha muller como coautora dun deses roubos. Segundo informaron fontes policiais, os sospeitosos foron sorprendidos cando roubaban combustible do depósito dun camión na madrugada do pasado 19 de abril. As pescudas permitiron vinculalos a tres atracos a taxistas cometidos os días 2, 5 e 9 de abril.

Neses asaltos, o home solicitaba un servizo de taxi nunha mesma zona da cidade e, ao finalizar o traxecto, intimidaba ao condutor ou condutora mediante agarres violentos e o uso dunha arma branca, chegando a levar até 400 euros nun dos roubos. Nun dos episodios, o autor actuou acompañado dunha muller e, no último dos roubos, a vítima chegou a sufrir unha ferida superficial na cara durante o forcexeo.

A análise dos datos facilitados polas vítimas permitiu ao Grupo Operativo de Policía Xudicial do Distrito Centro (GOPJ Centro) establecer unha liña de investigación sólida desde os primeiros días do mes. O home foi detido como autor de tres asaltos, mentres que a muller o foi por un dos feitos delituosos que cometeron xuntos. Ambos os detidos foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...