InicioSociedadeCaballero anuncia que non renovará o contrato de Vitrasa e a conxelación...

Caballero anuncia que non renovará o contrato de Vitrasa e a conxelación do prezo do billete

O Concello de Vigo vén de anunciar un transporte máis "moderno".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Vigo acordou non executar a prórroga automática que prevé a concesión actual do autobús urbano, decisión que comunicará á empresa Vitrasa. Segundo trasladou Caballero, o contrato -adxudicado en 1994 e formalizado en 1995- ten unha duración de 25 anos e contempla a prórroga automática deste salvo comunicación expresa por algunha das partes, cuestión que vén de adoptar este venres o Concello de Vigo.

O alcalde vigués explicou que a actual compañía presta un bo servizo e a decisión de non prorrogar o contrato responde á necesidade de modernizar e adaptar o autobús urbano á actualidade, pois as bases da concesión actual son de 1994. O goberno de Vigo, engadiu Caballero, traballa na elaboración dos pregos que rexerán o novo concurso público.

Tamén relacionado co autobús urbano, o alcalde anunciou a conxelación do prezo do autobús para 2019, que non sufrirá suba algunha nin no prezo ordinario nin nos bonificados. Trátase da sétima vez que o goberno dirixido por Caballero conxela ou rebaixa as tarifas do autobús, logo de facelo nos anos 2008, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016.

O alcalde puxo en valor os “prezos moi medidos” do autobús urbano vigués. Así, aseverou que o billete ordinario, nos últimos cinco anos (desde 2014), pasou de 1,32 a 1,35 euros, unha suba media do 0,4% cada ano, mentres que o prezo bonificado coa tarxeta PassVigo se incrementou unicamente tres céntimos en sete anos, desde o ano 2012 ao 2019.

ÚLTIMAS

Vigo pide o cesamento da conselleira de Medio Ambiente pola súa “irresponsable xestión” da presa de Eiras

O pleno de Vigo aprobou, cos votos a favor dos socialistas e a abstención...

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...