InicioMedio Ambiente e PatrimonioVigo inviste 82.000 euros nunha recreación virtual en 3D do casco histórico...

Vigo inviste 82.000 euros nunha recreación virtual en 3D do casco histórico de Bouzas

O proxecto inclúe unha plataforma interactiva con locucións en tres idiomas e unha ruta patrimonial con 16 puntos de interese.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a contratación, por 82.000 euros, dun servizo de recreación virtual da Vila de Bouzas, que inclúe a dixitalización tridimensional do caso histórico, incorporando os seus principais elementos culturais e arquitectónicos. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor explicou que esta iniciativa ten como obxectivo “pór en valor” o patrimonio desta zona da cidade mediante as novas tecnoloxías. A iniciativa enmárcase no Plan de Sustentabilidade Turística ‘Centro histórico da Vila de Bouzas‘, financiado con cargo a fondos Next Generation da UE.

A iniciativa, que ofrecerá unha “experiencia inmersiva“, permitirá crear unha plataforma interactiva e accesible, tanto en formato web como aplicación móbil, que contará con modelos en 3D, recursos audiovisuais, información histórica e locucións en galego, castelán e inglés. Igualmente, prevese a incorporación dunha ruta patrimonial con 16 puntos de interese.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...