InicioOpiniónOs nóbeles vigueses

Os nóbeles vigueses

Lois Pérez Leira, activista e investigador

PUBLICADO O

- Advertisement -

​Os Premios Vigueses Distinguidos gardan esa curiosa e inevitable semellanza cos Nobel, aínda que aquí, na nosa particular Estocolmo olívica, a Academia sueca resúmese a un só dedo índice, o do rexedor de quenda, que sinala con precisión cirúrxica aos afortunados. É un sistema dunha eficacia envexable: sen o estorbo das urnas nin o ruído dos debates cidadáns, as medallas caen sempre no colo dos amiguetes ou utilízanse como moeda de cambio no complexo taboleiro dos intereses políticos. Resulta fascinante observar como a distinción se converte nun exercicio de ventriloquía municipal, onde o mérito é directamente proporcional á sintonía co despacho da Alcaldía.

O recente recoñecemento postmórtem ao gran Fernando Franco é, sen dúbida, un acerto absoluto, pero non deixa de ter esa ironía tráxica tan nosa: en Vigo parece que o requisito indispensable para que as institucións che devolvan o afecto que ti lles deches en vida é, precisamente, ter deixado de respirar. Tras unha longa enfermidade e unha traxectoria que foi a brúxula ética da cidade, o premio chega co selo da tardanza, como se a burocracia local precisase a confirmación da acta de defunción para recoñecer o talento que tivo diante do seu nariz durante décadas. Quizais, nun alarde de audacia democrática que probablemente causaría síncopes no concello, poderíase probar a que os vigueses propuxesen candidatos e, o que é máis revolucionario aínda, que puidesen votalos. Pero claro, iso implicaría o risco de que o premio fose realmente distinguido pola xente e non un simple detalle de cortesía entre os que mandan.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...