InicioSucesosA Policía detén a outras tres persoas polos altercados entre afeccionados do...

A Policía detén a outras tres persoas polos altercados entre afeccionados do Celta e o Lyon

Sobe a cinco o número de arrestados polo ataque de encapuchados a seguidores franceses nun local da rúa Areal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a outras tres persoas pola súa presunta implicación nos altercados ocorridos nas horas previas ao partido entre o R.C. Celta e o Olympique de Lyon, disputado o pasado 12 de marzo na cidade olívica. Deste xeito, son xa cinco as persoas arrestadas polo sucedido na noite do 11 de marzo nun local de lecer da rúa Areal. Alí, unhas 30 persoas encapuchadas e armadas con paus, que os investigadores identifican como membros das ‘Tropas de Breogán’, abordaron a un grupo de seguidores franceses e emprendérona a golpes con eles.

Segundo sinalaron fontes policiais, os agresores, “para evitar ser identificados“, vestían con roupa escura, carapucha e pasamontañas, e causaron diversas feridas inciso contusas a tres afeccionados do equipo galo, ademais de ocasionar danos graves no establecemento hostaleiro. O propietario do local, para evitar males maiores, deu orde de bloquear as portas de acceso pero, ao comprobar que estaba pechado, os encapuchados comezaron a golpear os cristais e as portas con paus para tratar de acceder ao interior.

Ao non poder entrar, acabaron por fuxir do lugar á carreira, en pequenos grupos e en diferentes direccións, para dificultar a acción dos axentes policiais que se dirixían á zona. Aos detidos, a Policía impútalles os delitos de lesións, desordes públicas e danos. As investigacións continúan abertas e non se descartan novos arrestos.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...