InicioSociedadeXuízo en Vigo contra unha nai que chocou cun muro tras unha...

Xuízo en Vigo contra unha nai que chocou cun muro tras unha fuxida policial a gran velocidade coa súa filla no coche

A Fiscalía solicita un ano e nove meses de cárcere e a retirada do permiso de conducir por mor dunha persecución na que se superaron os 80 quilómetros por hora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal de Instancia, sección Penal, praza 3 de Vigo, acollerá este mércores un xuízo contra unha muller acusada dun delito de condución temeraria. A procesada encaixouse contra un muro mentres transportaba a tres ocupantes no vehículo, entre eles a súa filla de tan só dous anos de idade.

Segundo expón a Fiscalía no seu escrito de acusación, os feitos ocorreron na madrugada do 11 de novembro de 2024. A acusada conducía un Peugeot 306 pola rúa Cantabria a gran velocidade cando foi detectada por unha patrulla policial. Os axentes iniciaron unha persecución na que chegaron a perdela de vista, a pesar de que o vehículo oficial circulaba a 80 quilómetros por hora.

A condutora enfilou o Camiño Gonderán, un vial de trazado sinuoso e curvas pechadas, mantendo unha velocidade excesiva malia que a limitación nesa zona é de 30 quilómetros por hora. Finalmente, a muller acabou perdendo o control do coche e chocou contra o muro dunha vivenda na rúa San Xoán. Como consecuencia do impacto, un dos pasaxeiros sufriu diversas lesións, incluíndo traumatismos no brazo e no ombreiro, así como unha escordadura cervical.

Por estes feitos, o ministerio público acúsaa dun delito de condución temeraria en concurso cun delito de lesións imprudentes. A Fiscalía solicita que se lle impoñan un ano e nove meses de cárcere, ademais da retirada do carné de conducir durante catro anos e o pago dunha indemnización á persoa ferida no accidente.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...