InicioCulturaO PP leva ao pleno a declaración da Reconquista como Festa de...

O PP leva ao pleno a declaración da Reconquista como Festa de Interese Internacional mentres o goberno local asegura que xa está en marcha

Os populares reclaman implicación da Xunta e acordo político unánime, mentres o Concello acusa á oposición de chegar “tarde” á iniciativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo anunciou este xoves a presentación dunha moción para o seu debate no pleno municipal na que pide que o Concello solicite a declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Internacional, ademais de reclamar a implicación da Xunta no proceso. Así o trasladou a presidenta local e portavoz municipal, Luisa Sánchez, nunha comparecencia ante os medios no Casco Vello da cidade, onde defendeu que chegou o momento de dar un paso máis na proxección exterior da celebración. “É o momento de que Vigo potencie internacionalmente esta festa con identidade propia”, proclamou, destacando o seu rigor histórico, mobilización turística e impacto económico.

Segundo lembrou, xa se cumpre o requisito de que pasasen cinco anos desde a declaración de Interese Turístico Nacional, obtida en 2019. Ademais, sinalou que para iniciar a tramitación é necesario contar cun informe autonómico e cun acordo do Pleno municipal, polo que apelou á colaboración entre administracións. A portavoz popular agarda que a proposta conte co apoio de todos os grupos políticos, lembrando que as anteriores declaracións —de interese autonómico e nacional— foron aprobadas por unanimidade. “Quero pensar que saberemos aparcar as diferenzas para beneficio da cidade”, subliñou.

Sánchez explicou tamén que o seu partido contactou coa asociación veciñal do Casco Vello, impulsora da festa, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2012 e Nacional en 2019, e asegurou que este novo recoñecemento sería “un paso máis ao traballo colectivo” desenvolvido durante anos. Na actualidade, en Galicia xa contan coa distinción internacional eventos como a Romaría Viquinga de Catoira, o Festival Celta de Ortigueira, as Fogueiras de San Xoán da Coruña, a Festa do Cocido de Lalín ou a Arribada de Baiona.

RESPOSTA DO GOBERNO LOCAL

A reacción do goberno municipal non se fixo agardar. A concelleira socialista Yolanda Aguiar acusou á portavoz popular de non “decatarse de nada” e asegurou que a iniciativa chega tarde porque o Concello leva tempo traballando para lograr a declaración internacional desde que a Reconquista obtivo o recoñecemento nacional. Segundo a edila, o executivo local xa iniciou os trámites necesarios, aínda que non detallou en que punto se atopan nin que informes foron solicitados. Fontes municipais indicaron que se está recompilando información e acreditando os requisitos esixidos, un proceso obrigatorio para optar á distinción.

Pola súa banda, fontes da Xunta sinalaron que non lles consta ningunha solicitude formal de informe por parte do Concello de Vigo ata o momento. Aguiar aproveitou ademais para reclamar ao PP que esixa ao Goberno galego un maior apoio económico á Reconquista, ao considerar que a achega autonómica actual é “precaria”, e pediu que a Xunta iguale o financiamento que realiza o Concello para impulsar a festa.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...