InicioSociedadeA Xunta reprocha a Renfe que non dese unha "solución" á suspensión...

A Xunta reprocha a Renfe que non dese unha “solución” á suspensión do transporte do lixo desde Vigo

A conselleira de Medio Ambiente enxalza as "continuas" tarefas de revisión e mantemento nas presas de titularidade autonómica

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reprochou que, tras a comunicación de Renfe a Sogama da cancelación do transporte de residuos por tren, non dese “ningún tipo de solución” á situación. A mesma obrigou ao emprego de 19 tráileres para o traslado de lixo desde a estación de Vigo Guixar ata a planta da empresa pública en Cerceda.

“Parece ser que esta situación vai continuar ata o día 10”, lamentou a responsable autonómica en declaracións aos medios un día despois de que Sogama dese a coñecer que a operadora lle dirixiu unha carta. Nela, explicaba que o corte do servizo –que tamén afecta a pasaxeiros– débese a razóns de seguridade derivadas das malas condicións meteorolóxicas. “Fíxose unha comunicación dicindo que por seguridade non se ía a acometer [o transporte], pero tampouco se nos deu ningún tipo de solución”, censurou Vázquez, que estimou en 1.000 toneladas a cantidade transportada diariamente.

A situación afectou ao traslado de residuos cara a e desde Vigo, polo que Sogama está a utilizar un total de 19 tráileres con plataforma para transportar o lixo desde Guixar. Segundo detallou a conselleira, tamén houbo “problemas” en Ourense, o que obrigou a que o transporte se desviase en Lugo e A Coruña antes de chegar a Cerceda. “Hai que dar solucións. Nós estamos a dar unha que non é o 100 %, pero polo menos non se está producindo un caos dos distintos concellos”, concluíu a responsable autonómica.

TRABALLOS EN ENCOROS DA XUNTA

Por outra banda, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou as “continuas” tarefas que os técnicos de Augas de Galicia levan a cabo no catro presas das que é titular o Goberno galego: Baiona, Eiras, O Con e Caldas de Reis, onde se trasladou este sábado. “O traballo de actualización e modernización dos sistemas é constante para garantir tanto o bo funcionamento das instalacións como a súa seguridade”, indicou, á vez que cifrou o investimento global para estes traballos en 2025 e 2026 en 4,6 millóns de euros.

Vázquez lembrou que, ao longo de 2025, levouse a cabo unha revisión de seguridade dos encoros e algunhas das accións que se identificaron como “necesarias” comezarán a executarse ao longo deste ano. Entre as actuacións previstas inclúense, por exemplo, diversos traballos de auscultación e melloras da dixitalización do sistema SCADA de monitorización e xestión do plan de emerxencia. Ademais, lembrou que ademais dos encoros dos que é titular, Augas de Galicia –como organismo de conca– tamén realiza o seguimento e control da explotación doutros 29 encoros da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto...