InicioPolíticaO BNG pide que se declare Vigo "área saturada de centros comerciais"

O BNG pide que se declare Vigo “área saturada de centros comerciais”

Os nacionalistas visitaron o Mercado do Calvario e acusaron ao PP de ser o "cabalo de Troia" das multinacionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG continuou este venres pola mañá no Calvario a campaña que a formación nacionalista está a desenvolver en todo o país en apoio do comercio local. Durante o reparto, no que participaron o candidato á alcaldía, Xabier P. Igrexas, e o deputado no Parlamento galego, Luís Bará, o Bloque demandou que tanto a Xunta como o Concello de Vigo “poñan en marcha políticas para dinamizar o desenvolver o pequeno e mediano comercio”.

“Desde o BNG apostamos polo comercio local, tradicional, de proximidade, fronte a un PP que actúa como cabalo de Troia das multinacionais do sector e usa e abusa da lei para implantar grandes superficies comerciais”, declarou o Luís Bará. O deputado nacionalista reiterou o rexeitamento da fronte nacionalista aos proxectos de Porto Cabral ou o grande centro comercial que o Celta pretende instalar en Mos.

Pola súa banda, Xabier P. Igrexas demandou que o Concello de Vigo promocione o comercio local “que vertebra a cidade, dinamiza os nosos barrios e crea emprego estábel”. Neste sentido, o candidato do BNG á alcaldía, reclamou que se declare Vigo “cidade saturada de grandes áreas comerciais” e se aplique unha moratoria de dez anos na concesión de novas licenzas para estes estabelecementos.

Se algo temos de sobra en Vigo son grandes centros comerciais, que xa demostraron que só serven para destruír o tecido comercial local e emprego, e que só benefician a grandes corporacións empresariais”, defendeu.

Igrexas propuxo ademais a rebaixa da fiscalidade municipal para o pequeno e mediano comercio e que o Concello de Vigo “despregue campañas de promoción durante todo o ano”. O candidato nacionalista demandou tamén a revitalización dos mercados municipais.

ÚLTIMAS

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...

Caballero ameaza con acudir á FIFA e acusa á RFEF, Xunta e Deputación de “confabularse” para deixar a Vigo fóra do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu unha carta ao presidente da Real Federación...