InicioSociedadeA presidenta da Favec esixe ao Concello desculpas públicas por acusala de...

A presidenta da Favec esixe ao Concello desculpas públicas por acusala de poñer en perigo a vítimas de violencia de xénero

María Pérez, presidenta da Federación Veciñal Eduardo Chao, podería levar este asunto aos xulgados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Concelleira de Benestar Social do goberno vigués, Isaura Abelairas, chamou este luns ‘ignorante’ á presidenta da Federación Veciñal “Eduardo Chao” (Favec), María Pérez, que acudira á praza do Rei en defensa de Aicha, muller marroquí vítima de violencia de xénero que estaba a punto de ser dasafiuzada, procedemento que foi posposto a última hora por un mes máis.

Abelairas acusou nesta rolda de prensa a María Pérez de poñer en perigo vítimas de violencia de xénero, ao mencionar a dirección dun suposto lugar de vivendas específico para elas, para que poidan vivir seguras de forma confidencial. Pérez considera que estas declaracións da concelleira son falaces, xa que o lugar é público desde a pasada primaveira, e esixe á concelleira de Benestar Social “desculpas públicas” e que se “retracte” se non quere ir a xuízo.

Isaura Abelairas, concelleira de Benestar Social, con Rubén Pérez de Marea de Vigo/ Miguel Núñez

“Doulle ata o venres para que faga unha rectificación pública destas acusacións porque pola contra presentarei unha denuncia por inxurias e calumnias nos xulgados”, afirma a dirixente veciñal asegurando que está “cansada” de “insultos sen fundamento”.

Pérez considera “moi grave” que se lle acuse disto “cando nunca o dixen e, ademais, é algo público, basta con poñer o nome da zona na que están situados estes pisos na web do Concello e aparecen”. De feito, desvelou documentos do Concello nos que se fai mención a esta zona supostamente confidencial, As Roteas.

Desde a Favec, insiste Pérez, “pedimos á concelleira que se informe de quen di as cousas e cando se din” para non caer nestes “erros tan graves nin acusar a ninguén de nada que non fixo”. Precisamente, e segundo consta na acta pública da orde do día da xunta de goberno local do próximo xoves, dous destes pisos das Roteas serán entregados a dúas familias “entendemos que sen recursos”.

“Para información da Sr. Abelairas, nese documento tamén aparece a localización exacta destes aloxamentos que, por certo, agradecemos poñan a disposición das familias despois de moitos anos pechados e, casualmente, só uns días despois da nosa denuncia. Nunca é tarde señores”, conclúe a presidenta da Favec.

Aicha e a súa avogada na concentración contra o desafiuzamento de Aicha/ Miguel Núñez

“Todas as mentiras que dixo as vai repetir no xulgado”, engadiu Pérez a Xornal de Vigo: “En maio de 2018 a Consellería de Igualdade cedeu esas casas a calquera familia en situación de exclusión e risco, porque xa se revelara a súa ubicación. Na propia web do Concello están publicadas”.

En canto á situación de Aicha, tras estar a punto de ser desafiuzada, Pérez subliña que está “en tensión. Estaba sen durmir, xa empaquetara as cousas”. A colaboración cidadá está a ser loable: “Chama moita xente para ofrecer regalos aos seus tres fillos”. Agora Aicha está enviando currículums para poder manterse os catro, xa que coas axudas non alcanza para cumplir os pagos e seguir adiante.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...