InicioSociedadeAna Pontón e Abel Caballero denuncian o "colapso" das urxencias en Galicia...

Ana Pontón e Abel Caballero denuncian o “colapso” das urxencias en Galicia e cargan contra a política sanitaria da Xunta

A portavoz nacional do BNG e o alcalde de Vigo amosan o seu apoio ao persoal sanitario tras as protestas pola saturación nos hospitais Álvaro Cunqueiro e o CHUAC.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao PPdeG a “deixar de xogar coa sanidade pública” logo das denuncias de “colapso” realizadas polo persoal sanitario nos últimos días. As protestas centráronse especialmente nos servizos de urxencias dos centros hospitalarios de Vigo e A Coruña, unha situación que a líder nacionalista cualificou como a consecuencia directa de “16 anos de recortes e privatizacións” por parte do Goberno galego. Segundo Pontón, a saturación non é un feito puntual, senón que se converteu no habitual debido ao “acoso e derriba” contra o sistema público.

A líder do Bloque tamén alertou de que a Atención Primaria se atopa nunha situación crítica, criticando que o PP intente normalizar que un paciente deba agardar dúas ou tres semanas para ter unha cita co seu médico de cabeceira. Para Pontón, esta falta de recursos nos centros de saúde ten un impacto directo nos hospitais, e acusou aos populares de defender os intereses da sanidade privada en detrimento da calidade asistencial pública.

ABEL CABALLERRO APOIA AOS SANITARIOS DO ÁLVARO CUNQUEIRO

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quixo facer pública a súa solidariedade cos traballadores de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro. Nun audio remitido aos medios de comunicación, o rexedor criticou con dureza a situación de “saturación” e a carencia de persoal que obriga a ter “camas polos corredores”. Caballero preguntouse de xeito retórico se o hospital foi construído para este fin e lamentou que a presión asistencial sexa insoportable para os profesionais.

Para Abel Caballero, a orixe do problema radica no funcionamento dos centros de saúde. O alcalde sinalou que o longo tempo de espera para acceder ao médico de familia obriga á cidadanía a acudir a Urxencias como única alternativa. O rexedor vigués denunciou o “déficit” de facultativos tanto nos ambulatorios como no Punto de Atención Continuada (PAC), e afeou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que se dedique a “facer fotos” mentres a primeira cidade de Galicia sofre esta presión sanitaria.

ÚLTIMAS

Zona Franca sacará a concurso dúas parcelas en Vigo para construír ata 90 vivendas de aluguer alcanzable

O pleno do Consorcio Zona Franca de Vigo (CZFV) aprobará este martes unha oferta...

A muller ferida no incendio baixo investigación do pasado venres continúa en estado grave

A Policía Nacional de Vigo continúa investigando, “con todas as liñas abertas”, o incendio...

Intervidos máis de 1.000 perfumes nun almacén de Mos por unha suposta infracción de contrabando

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra...

Detido en Vigo por roubar na casa dunha veciña hospitalizada que lle deixara as chaves

A Policía Nacional detivo un home por entrar na vivenda da súa veciña e...