InicioSociedadeVigo dá luz verde definitiva ás Zonas de Baixas Emisións e avanza...

Vigo dá luz verde definitiva ás Zonas de Baixas Emisións e avanza cara á súa regulación

O Concello inicia agora a elaboración da ordenanza das ZBE, que incluirá excepcións para residentes, servizos e mobilidade reducida, e garante que non se obrigará a cambiar de vehículo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres de forma definitiva o proxecto de Zonas de Baixas Emisións (ZBE), e o seguinte paso será a elaboración e aprobación da ordenanza municipal que regule ditas zonas no aspecto xurídico, de control e xestión. Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, en declaracións remitidas aos medios, a aprobación definitiva chegou despois de que se estimaran diversas alegacións.

Así, destacou unha proposta relativa aos horarios de carga e descarga, que deberán axustarse ao establecido na ordenanza municipal; e outra alegación estimada, que garante expresamente o acceso ás actividades dos prestadores de servizos nas zonas afectadas. O rexedor apuntou que, superado este trámite, o seguinte será a elaboración e aprobación da ordenanza reguladora, na que se establecerán tamén as excepcións necesarias para que asegurar “unha implantación proporcionada”, como o acceso a residentes, persoas con mobilidade reducida, aparcadoiros subterráneos e outras circunstancias particulares.

“Ten que haber unha continuidade lóxica; a entrada en vigor das ZBE non pode ser desproporcionada”, incidiu Abel Caballero, que tamén apuntou que debe haber continuidade “na actividade e na circulación dos vehículos que necesiten acceder ás zonas por motivos sanitarios, residenciais ou comerciais”. Finalmente, o alcalde remarcou que “ninguén terá que cambiar de vehículo para acceder” ás ZBE, xa que o Concello “non pode nin vai impor esa condición”.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...