InicioSucesosSete detidos e tres feridos graves nunha liorta con armas brancas nunha...

Sete detidos e tres feridos graves nunha liorta con armas brancas nunha casa okupada

A Policía Nacional tivo que activar a UIP e localizaron obxectos contundentes na vivenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a sete persoas durante unha intervención motivada por unha liorta nunha casa okupada na contorna da Avenida da Florida, na cidade olívica.

Os feitos ocorreron ao mediodía do pasado domingo, cando o 091 recibiu o aviso dunha pelexa no interior dun inmoble. Ao chegar, os axentes observaron a varias persoas con feridas graves, das cales tres tiveron que ser evacuadas a un centro sanitario. O enfrontamento produciuse cando unha parella se presentou na vivenda para recuperar unhas pertenzas que, supostamente, lles subtraeran. Entón, iniciouse unha pelexa entre a parella e as persoas que estaban no inmoble.

Ante a gravidade dos feitos e a presenza de persoas atrincheiradas, tivo que se presentar no lugar a Unidade de Intervención Policial (UIP) e activouse o protocolo de delitos violentos. Levouse a cabo unha entrada na vivenda, onde os axentes localizaron a varios dos implicados, así como obxectos contundentes e armas brancas supostamente empregados na agresión. Ademais de deter a seis persoas implicadas na liorta, os axentes tamén detiveron a unha sétima persoa, supostamente autora dun delito de roubo con violencia ou intimidación. A investigación continúa aberta para esclarecer as circunstancias do suceso e os detidos foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...