InicioVigo e contornaVigoCríticas da Xunta ao Goberno por lanzar "aluguer accesible" en Vigo con...

Críticas da Xunta ao Goberno por lanzar “aluguer accesible” en Vigo con prezos superiores á media

A Xunta sinala que segundo o IGVS, o prezo medio do aluguer na urbe olívica entre xaneiro e outubro foi de 7,5 euros o metro cadrado, por baixo dos 8,8 euros o metro que ofrece o Goberno central.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia criticou que o Goberno poña a disposición dos cidadáns de Vigo supostos pisos de “aluguer accesible” pero con prezos por metro cadrado superiores ao custo medio na cidade.

En declaracións remitidas aos medios de comunicación, o Executivo autonómico lamentou esta situación, insistindo en que, segundo datos do Observatorio de Vivenda de Galicia, o prezo medio do aluguer na urbe olívica entre xaneiro e outubro foi de 7,5 euros o metro cadrado, por baixo dos 8,8 euros o metro que ofrece o Goberno central.

“O Ministerio de Vivenda vai a externalizar e a pór en mans privadas as 40.000 vivendas públicas da Sareb, entre elas 67 en Vigo, cun custo económico importante. Unha situación absurda que complica innecesariamente a xestión. Sería máis fácil que o Goberno central cedese estes activos á Xunta, tal e como levamos anos reclamando”, subliñou.

Respecto diso, explicaron que estas vivendas eran nun primeiro momento do SEPES (Entidade Pública Empresarial de Chan), para logo pasar a mans da Sociedade Pública de Vivenda do Estado e agora de Casa 47, “todo sen acordar ou consultar coas comunidades autónomas”.

“Non sabemos xa que sentido teñen as conferencias sectoriais que convoca o Ministerio porque non informa de nada. Veñen a Galicia a anunciar un novo modelo de xestión de vivendas SAREB. A Xunta decátase, unha vez máis, pola prensa, o que demostra unha falta absoluta de lealdade institucional”, apuntaron.

Para o Goberno galego, “o peor é que se descoñece como será o proceso de adxudicación e se serán vivendas con cualificación permanente”. “De novo, pedimos ao Goberno central que se deixe de improvisar e, neste caso, ceda as vivendas á Xunta”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...