InicioEconomíaVigo, ao 99 %: Caballero presume de "cheo total" esta finde polo...

Vigo, ao 99 %: Caballero presume de “cheo total” esta finde polo tirón do Nadal e o festivo en Portugal

O alcalde de Vigo, Abel Cabellero, asegura que a cidade e a súa área atraerán milleiros de visitantes esta ponte, mentres Cangas, Sanxenxo e Pontevedra roldan tamén a ocupación máxima.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Cabellero, augura un “cheo total” da cidade esta fin de semana, que coincide con luns festivo en Portugal polo Día da Restauración da Independencia, que se celebra o 1 de decembro. Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor dixo que a ocupación hoteleira prevista para esta fin de semana na urbe olívica alcanza o 99 %, cun “cheo total”.

Ademais, reivindicou o “efecto tractor” do Nadal de Vigo para outras localidades, “tirando” das reservas en municipios como Cangas, Sanxenxo ou Pontevedra, que están ao 95 %, ao 87 % e ao 80 %, respectivamente, segundo datos de Caballero. O alcalde tamén destacou a “importantísima” afluencia turística a Vigo, con máis de medio millón de turistas nacionais nos primeiros 9 meses do ano. “Vigo xa é neste momento unha cidade fortemente turística con turismo de altísima calidade, o que significa riqueza e empregos”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...