InicioEconomíaOs orzamentos de Vigo crecerán un 5%, ata superar os 345 millóns...

Os orzamentos de Vigo crecerán un 5%, ata superar os 345 millóns en 2026

PUBLICADO O

- Advertisement -

O orzamento do Concello de Vigo superará os 345 millóns de euros en 2026, o que supón uns 10 millóns máis que no exercicio actual (+5%), segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun audio enviado aos medios de comunicación.

O rexedor defendeu as contas que presentará o goberno local, indicando que a cidade manterá a súa “débeda cero” con “unha das presións fiscais máis baixas de España”. Así, debullou unha serie de partidas que se incluirán nos orzamentos de Vigo para o ano que vén, contando con 116 millóns para investimentos (dos cales unha parte proveñen da ampliación do orzamento deste ano). Isto permitirá, segundo dixo, avanzar nas novas ramplas de Gran Vía ou na Avenida de Madrid, entre moitas outras obras.

Abel Caballero aproveitou para criticar a “estafa” que supoñen, ao seu xuízo, os orzamentos da Xunta, porque “fan que fan” pero “non fan nada” na cidade.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...