InicioSucesosO informe luso do accidente no que morreu un piloto vigués apunta...

O informe luso do accidente no que morreu un piloto vigués apunta que o paracaídas non se activou automaticamente

A investigación de Portugal sobre a morte de Manuel Rey Cordeiro non indica fallos materiais na aeronave e vincúlao a unha manobra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Forza Aérea de Portugal publicou un informe no que detalla o accidente, en xuño do ano pasado, no que morreu o piloto galego Manuel Rey Cordeiro, de 62 anos. O documento incide en que o aviador efectuou os procedementos “axeitados” para abrir o paracaídas manualmente, pero que aquel día non tiña accionado un sistema de apertura automática do aparello. En concreto, o expediente luso menciona un sistema chamado “liña de vida”, que os autores do informe explican como unha conexión física entre a aeronave e o paracaídas que permite o seu accionamiento automático, “sen intervención do piloto”.

Por iso, tras analizar imaxes e o propio espazo do accidente, os investigadores apuntan que o uso da “liña de vida” no canto da apertura manual, posibilitaría que o paracaídas se abrise “preto de 1,1 segundos antes, a unha altura superior de 45 metros”. Para os investigadores, isto incrementaría a probabilidade de “apertura total do paracaídas” e posible supervivencia de Manuel Rey. “Efectivamente, na análise do local da caída, atopouse o paracaídas completamente extraído, pero sen evidencias da súa apertura“, subliña o documento. Ademais, a investigación do Gabinete de Investigacións de Accidentes Aéreos e Ferroviarios (GPIAAF) da Forza Aérea lusa afirma que o paracaídas de Manuel Rey “non estaba equipado con este tipo de mecanismo”, soamente o de “apertura manual”.

SEN CAUSAS MATERIAIS

Con todo, ao longo das súas 82 páxinas o expediente apunta que non houbo fallos materiais no avión e atribúe o accidente a un choque mentres que Manuel Rey tentaba retomar unha formación de voo. O aviador galego e outros cinco pilotos participaban nunha presentación o día 3 de xuño de 2024, na Base Aérea número 11, na cidade de Beja, cando se estrelou tras unha colisión no aire. O vigués formaba parte do grupo acrobático Yakstars, composto por seis pilotos, catro españois e dous portugueses. Un dos portugueses, mesmo, resultou ferido no accidente.

ACCIDENTE NA PENÚLTIMA MANOBRA

Segundo traslada o informe do GPIAAF, a presentación de Manuel Rey e os demais pilotos desenvolvíase “sen anomalías” ata a penúltima manobra, denominada de ‘Yaker Pass’. O informe describe que o piloto galego, na aeronave IAC-04, chocou contra o compañeiro do avión IAC-03 e consecuentemente a súa aeronave sufriu “danos catastróficos”. En calquera caso, o informe detalla que “non se coñecían antecedentes” de enfermidades que puidese sufrir Manuel Rey e que os exames toxicolóxicos non apuntasen a “alteracións relevantes” que indiquen o uso de medicamentos. Ademais, especifícase que a causa da morte do aviador galego foi politraumatismo, ou sexa, un conxunto de lesións graves.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...