InicioEconomíaStellantis Vigo amplía o paro de finais de outubro que afectará ás...

Stellantis Vigo amplía o paro de finais de outubro que afectará ás súas dúas liñas de produción

Esta noticia coñécese precisamente despois de que Stellantis confirmase que freará a produción de vehículos en seis fábricas europeas, incluíndo a de Vigo, ante a necesidade de axustar o ritmo de fabricación de vehículos á evolución da demanda dos mesmos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da factoría viguesa de Stellantis informou aos seus traballadores de que parará durante máis xornadas das previstas inicialmente a finais deste mes de outubro.

Así, o sistema 1 da planta, onde se ensambla o Peugeot 2008, deterá a súa produción a partir da quenda de tarde do martes 28, renovando o traballo o domingo 2 de novembro na quenda de noite. Isto supón que parará un día máis, xa que hai dúas semanas a firma informara de que pararía a partir do mércores 29 esta liña.

Pola súa banda, o sistema 2 da fábrica, que monta as furgonetas do grupo, non operará desde a quenda de mañá do mércores 29 ata a quenda de fin de semana do domingo. Neste caso, tamén suma un día máis de paro, que inicialmente estaba previsto que comezase o xoves 30.

Esta noticia coñécese precisamente despois de que Stellantis confirmase que freará a produción de vehículos en seis fábricas europeas, incluíndo a de Vigo, ante a necesidade de axustar o ritmo de fabricación de vehículos á evolución da demanda dos mesmos.

ÚLTIMAS

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes "o orzamento máis elevado...

A rebaixa fiscal da Xunta. Dos 96 millóns anunciados aos 5 euros efectivos por fogar. Canto aforrará realmente unha familia galega?

A baixada do IRPF anunciada esta semana pola Xunta en plena precampaña electoral terá...

Stellantis parará dous días a produción do Peugeot 2008 en Vigo por falta de pezas

A fábrica de Vigo do grupo automobilístico Stellantis volverá deter a produción a finais...

O PP de Vigo reivindica a aposta da Xunta pola recuperación da ETEA, con 11,7 millóns nas contas de 2027

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reivindicou este martes a aposta da...