InicioSociedadeA UVigo presenta 'a máquina de adestramento máis pequena do mundo'

A UVigo presenta ‘a máquina de adestramento máis pequena do mundo’

Cun peso inferior a un quilogramo e un tamaño de 15 centímetros, Handy Gym baséase na tecnoloxía inercial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Froito do traballo conxunto desenvolvido polos docentes e investigadores da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo Ana Mejías e Enrique Paz, xunto aos investigadores da empresa Micaton Ergonomics S.L, este luns presentouse, nun acto celebrado no Círculo de Empresarios de Galicia, Handy Gym, a máquina de adestramento máis pequena mundo.

Cun peso inferior a un quilogramo e un tamaño de 15 centímetros, Handy Gym baséase na tecnoloxía inercial que potencia o adestramento nos seus dous ciclos: forza concéntrica e excéntrica, que combinadas son empregadas polas e polos profesionais do deporte para potenciar os resultados en tonificación e musculación.

Os promotores da máquina de adestramento destacaron na presentación o sinxelo do seu uso, que permite a práctica deportiva en calquera lugar e en calquera momento, e con tres niveis de dificultade: amarelo, para recuperación muscular e principiantes; azul, para practicantes esporádicos e vermello para amateurs avanzados e profesionais.

“Nun primeiro momento buscouse unha ferramenta que facilitase a forma de acceder ao deporte a persoas con problemas de mobilidade ou motricidade, pero atopámonos cun dispositivo moi avanzado tecnoloxicamente de uso máis globalizado”, explicou Manuel Montes, CEO de Micaton Ergonomics S.L e coinventor de Handy Gym, que conta coa concelleira e alpinista Chus Lago como embaixadora.

Cun peso inferior a un quilogramo, Handy Gym baséase en tecnoloxía inercial/ Duvi

Tras desenvolver no ano 2014 un desaparafusador baseado nun anel de goma que, incorporando un imán, facilita o xeito de aparafusar, en 2018 Micaton Ergonomics S.L. creou unha unidade de negocio, Taktus, que pechou un acordo de colaboración coa Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación da Universidade de Vigo, Otri, para o deseño de Handy Gym.

Finalizada a parte tecnolóxica, coa colaboración dos enxeñeiros Ana Mejías e Enrique Paz da Universidade de Vigo e dos seus homólogos de Micatón, o adestrador e propietario do centro Coliseum, Marcos Chantada, sumouse ao proxecto para achegar á ferramenta deseñada a calquera persoa que practique deporte.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...