InicioMedio Ambiente e PatrimonioCaballero pídelle á Xunta reducir o caudal ecolóxico en Eiras ante a...

Caballero pídelle á Xunta reducir o caudal ecolóxico en Eiras ante a situación de “seca severa”

A Xunta aclara que o caudal ecolóxico de Eiras xa é menor do normal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este martes á Xunta de Galicia a que “tome de forma inmediata a decisión de reducir o caudal ecolóxico (o caudal necesario augas abaixo do encoro para asegurar o bo estado dos ecosistemas fluviais)” que sae da presa de Eiras, da que se abastecen a cidade e varios municipios da contorna, ante a situación de “seca severa” actual.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico lembrou que non hai previsión de choiva para os próximos 15 días e, por tanto, a Xunta “non pode aumentar o caudal ecolóxico, como quere facer”. “Ao revés, teñen que diminuílo con respecto ao actual“, incidiu. Segundo apuntou o alcalde, o caudal ecolóxico previsto para situacións de seca “mantén toda a biodiversidade” e a súa redución “non significa un dano”. “Pero estamos nunha situación moi complicada”, insistiu.

“E a Xunta de Galicia empeóraa”, denunciou Abel Caballero, que sinalou que o goberno galego “non só non quere facer unha segunda presa augas arriba, que non dana a ninguén”, senón que neste momento aumenta o caudal ecolóxico “porque teñen unha programación absolutamente impensable, ridícula, desastrosamente mala”. Finalmente, volveu a repetir que a administración autonómica “quere que Vigo quede sen auga”, e insistiu en reclamar a diminución do caudal ecolóxico.ación de “seca severa”

A XUNTA DI QUE O CAUDAL ESTÁ POR BAIXO DA SITUACIÓN NORMAL

Pola súa banda, Augas de Galicia saíu este martes ao paso das acusacións do alcalde de Vigo, Abel Caballero. un comunicado, o organismo autonómico aclarou que non aumentou o caudal ecolóxico que alivia o encoro, porque “sería absurdo por concepto e como finalidade”. “O alcalde de Vigo parece empeñado en buscar a confrontación coa Xunta, aínda que iso supoña leva a equívocos á poboación”, sinalaron Augas de Galicia.

Respecto diso, explicou que actualmente o caudal ecolóxico de Eiras é de 0,5 m3/seg, “por baixo do caudal ecolóxico en situación normal, que é de 0,8 m3/seg”. Así mesmo, engadiu que o caudal actual está “moi próximo” a 0,4 m3/seg, “que sería o mínimo a aplicar en situación de alerta”, aínda que Vigo atópase agora en situación de prealerta.

ÚLTIMAS

Rescatan a unha moza atrapada nunha discoteca de Vigo tras pechar o local

Unha moza quedou atrapada nunha discoteca de Vigo na madrugada do venres ao sábado...

Vigo reforza a súa política de aluguer con compra pública e un millón para o programa Vigo Aluga

O Concello de Vigo comprará vivendas baleiras no mercado para incorporalas ao parque público...

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...

“A dedo” e sen expediente: Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de Baiona

A Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de...