InicioMedio Ambiente e PatrimonioVigo non contempla sancións polo momento nas Zonas de Baixas Emisións (ZBE)

Vigo non contempla sancións polo momento nas Zonas de Baixas Emisións (ZBE)

O alcalde advirte de que pode haber "discriminación social" se só poden acceder ás ZBE condutores de renda alta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Goberno Local de Vigo dará luz verde este venres á aprobación inicial do proxecto de Zonas de Baixas Emisións (ZBE), un proxecto que será sometido a un período de 30 días de exposición pública para a presentación de alegacións. Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, en declaracións remitidas aos medios, paralelamente iniciarase a tramitación da ordenanza para a regulación xurídica e control da xestión deste proxecto.

“Isto é unha decisión que toma a UE, e por tanto, obrigatoria en todas as cidades de Europa”, aclarou o rexedor, que tamén avanzou que o Concello “non contempla sancións como forma de procedemento nas Zonas de Baixas Emisións”. Caballero avogou por buscar o “consenso social” para facer entender que as ZBE “son zonas para preservar o medio ambiente, a vida”. En Vigo serán 67 hectáreas na zona centro (a máis ampla, de 400.000 metros cadrados), zona de Praza de Portugal, zona de Bouzas, e zona do Calvario.

“Nós imos aplicar a Zona de Baixas Emisións con sentido común e sen que haxa restricións desproporcionadas (…) ten que haber una certa continuidade na utilización para que se vaian establecendo de forma natural”, explicou, e avanzou que “ten que continuar a actividade coa normalidade axeitadamente e despois hai que habilitar cuestións tales como os centros de saúde, os negocios, os veciños da zona e todo isto”, que se regularán coa ordenanza. O custo de implementar este proxecto é de 5,4 millóns de euros, dos que a metade se financian con fondos europeos.

“DISCRIMINACIÓN SOCIAL”

Abel Caballero insistiu en que o Concello non contempla as multas “como forma coercitiva” e proclamou o seu desacordo coa implementación das ZBE tal como se expoñen. “Eu non comparto que vehículos sen emisión poidan entrar e vehículos con emisións non poidan entrar porque iso é discriminación social. Non todo o mundo pode mercar, de súpeto e de golpe, un vehículo que teña a etiqueta verde”, proclamou. Para o rexedor olívico as ZBE deben expor “unha forma de homoxeneización social para que non só as xentes de renda alta poidan entrar e os de renda baixa non poidan entrar”. “Non comparto ese criterio. Non o comparto. En todo caso, é unha decisión de Europa e nós aplicarémola co sentido común”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...